Mahmood e Blanco representan a Italia en Eurovisión

Mahmood e Blanco cantarán Brividi en Turín


Mahmood y Blanco ganan el Festival de Sanremo y aceptan representar a  Italia en Eurovisión 2022

 



Como foron seleccionados?

Os italianos Mahmood e Blanco serán os representantes de Italia en Turín 2022. Ambos resultaron os vencedores do famosísimo festival de San Remo na súa edición 72, grazas ao voto do xurado demoscópico, do público e dunha serie de especialistas en xornalismo, do que recibiron o 51,8 % dos votos, dobrando así os votos recibidos pola segunda participante Giani Morandi.



Outra vez Mahmood

O rapeiro italiano xa representou ao seu país no festival do 2019 interpretando a canción Soldi, quedando de segundo na clasificación xeral. Xa famoso no seu país, con esperiencia, en resumo, unha aposta segura que non defraudará ao seu país.


En cambio, Blanco con só 19 anos, non é tan coñecido. Obviamente coa súa idade, non ten a experiencia do seu compañeiro de tema, pero sen dúbida tamén é unha aposta segura, xa que a pesar da súa corta idade, xa está acostumado a triunfar.





Brividi

Brividi é unha balada de temática amorosa que cautivou ao pobo italiano, xa que incluso antes do festival, se daba por suposto que eles serían os representantes do país, pois contaban xa con millóns de reproduccións en Spotify e en YouTube.





Repetirá Italia como gañadora do festival?

Hai bastantes probabilidades, pois desde que se coñece que eles serán os representantes italianos, non deixan de subir nas casas de apostas, e están incluso situados de primeiros.


Nos últimos catro anos de festival, italia ten un segundo posto conseguido polo propio Mahmood no 2019, e unha victoria lograda polo grupo rockeiro Maneskin o ano pasado. Está claro que aínda que non gañen, non defraudarán e quedarán nunha posición notable, pero serán capaces de lograr a victoria no festival eurovisivo por cuarta vez?




Se aínda non escoitaches a canción, aquí podes botarlle unha ollada.

 


 

Ana Mena decepción?

A cantante malagueña non logrou superar a penúltima posición do ránking do festival Sanremo, quedando así de vixésimo segunda. A súa canción Duecentomila Ore non cautivou ao público a pesar de ser moi coñecida no país veciño logo de sacar algunhas colaboracións con famosos italianos como Roco Hunt ou Fred de Palma. Sen embargo, afirma que aínda que houbese gañado o festival non houbese representado a Italia en Eurovisión 2022.


Escoita a canción de Ana Mena para o festival de Sanremo: Ducentomila Ore




 

 

 

Comentarios