Chanel, a representante de España en Eurovisión 2022

 

Coñece a Chanel Terrero, a representante de España 

no festival de Eurovisión no 2022


Chanel (Benidorm Fest): "Me halaga que me comparen con Eleni Foureira pero  no tenemos nada que ver"


Quen é Chanel Terrero?

Chanel Terrero será a candidata española para representar a Eurovisión no festival de Turín. A cantante de orixe cubano alzouse coa victoria no festival, non sen certa polémica, pois foi a escollida polo xurado, a segunda preferida do voto demoscópico e a terceira favorita dos máis de 192 mil votantes españois. A cantente con nacionalidade española, foi escollida pola súa regularidade entre os favoritos.

De orixe cubano, pero case catalana, pois leva aquí dende que tiña só tres anos, cando se mudou a Olsea de Montserrat en Barcelona. Ademais de cantante, é unha artista polifacética, pois tamén é actriz e bailarina. Participou en series televisivas coma Gym Tony, Águila Roja ou El secreto de puente viejo interpretando pequenos papeis, ou foi bailarina de Shakira.  Con experiencia, xa que actuou nalgúns musicais, como "El rey león" ou "El guardaespaldas". Participou no corpo de baile do programa Tu cara me suena. De feito, por este acontecemento se xerou toda a polémica de acordo á súa victoria para ser a representante española, pois unha das membras do xurado (que por certo lle deu a máxima puntuación) era a coreógrafa do programa.

 

Que canción interpretará?

A súa canción SloMo, será a que soará en Turín na quenda española no festival máis visto do ano. É unha canción de total actualidade, que tamén ten polémica pola súa visión da muller en comparación ao tema de Tanxugueiras ou de Rigoberta Bandini.

Aínda non escoitaches a súa cacnción? Slomo - Chanel

 

Cómo quedará Chanel no festival?  

A pesar de toda a polémica surxida tras o Benidorm Fest, a representante española está na metade na taboa clasificatoria, aínda que co paso do tempo podería situarse entre as favoritas para gañar o concurso. Será posible? 

Se queres saber cómo van as apostas, le este artigo do xornal La Vanguardia: Pincha aquí

Comentarios

Publicacións populares deste blog