O fenómeno Tanxugueiras
O FENÓMENO DAS TANXUGUEIRAS
:format(jpg)/f.elconfidencial.com%2Foriginal%2F5ed%2Fc44%2Fa86%2F5edc44a860713be00360c345e56014bd.jpg)
As Tanxugueiras coñecidas en toda España
A día de hoxe non hai ninguén en España que non escoitase falar das Tanxugueiras. Coñecidas a partir do famoso "tongo" do Benidorm Fest festexado no mes de xaneiro, todo o mundo está de acordo en que a súa non participación no festival de Eurovisión estaba pactada de antemán. As opinións son respetables, e poden non gustar a alguén, pero ninguén entrende por qué conta máis a opinión dos 5 membros do xurado "profesional" que a de toda España, dado que de 192 mil votos que se produciron, recibiron máis do 70% deles.
Repercusión en Galicia... e no exterior
Debido a esta puntuación en contra delas, todo o pobo galego se rebelou ante esta situación. Non hai ninguén en Galicia que non se sinta estafado e enganado por un xurado, dos cales dous dos cinco eran estranxeiros. Ainda que paradoxalmente, estes foron os que mellor puntuación lles deron ás Tanxugueiras. É curioso que sendo as favoritas do pobo español, resultaran as terceiras peores para o xurado, quedando en quinta posición para eles, empatadas con Xeinn.
Non hai fronteiras!!!
Co seu grande éxito demostraron que non hai fronteiras coas linguas e que a tradición galega tamén se pode coñecer en toda España e no mundo enteiro. Unha mensaxe moi necesaria e que se está a valorar moi positivamente naqueles territorios onde hai unha lingua menos popular, coma o galego.
Mira aquí a súa actuación na final do Benidorm Fest
As verdadeiras gañadoras do Benidorm Fest
Por toda a repercusión que houbo, son as absolutas gañadoras do festival xunto con Rigoberta Bandini, pois calquera das dúas participantes ten máis fama que a gañadora Chanel. As súas cancións son máis reproducidas no YouTube ou en Spotify que a de Slomo. Para gustos, opinións.
Pero a partir do tongo, as Tanxugueiras convertíronse nun fenómeno de masas conseguindo millóns de reproducción nas súas canción "Midas", "Figa", ou o seu novo tema "Averno" interpretado con Rayden, outro dos participantes que era candidato a representar a España en Eurovisión.
Mira o novo tema das Tanxugueiras con Rayden.
Pincha aquí se queres ver máis musica das Tanxugueiras
Comentarios
Publicar un comentario